
A Lacena Pequena nace coa vontade de crear espazos de encontro arredor da cultura, poñendo no centro as persoas, o patrimonio e as singularidades de cada lugar.
É un contedor marítimo recuperado e transformado nun espazo cultural móbil que viaxa por diferentes localidades do Camiño de Santiago, adaptando as súas propostas a cada contorna e ás persoas que a habitan.
Música
Propostas galegas en directo
artes escénicas
Teatro, monólogos e narración oral
Gastronomía
Produtos e sabores de cada territorio
Memoria
Historias, patrimonio e tradicións
A programación de A Lacena Pequena cambia en cada parada para dialogar coa contorna e coas persoas que a habitan. A proposta non chega cun catálogo de actividades pechado, senón que se constrúe incorporando creadoras e creadores, asociacións, artesás, colectivos e historias propias de cada lugar.
A accesibilidade cultural forma parte da razón de ser do proxecto, facilitando a participación e eliminando a barreira económica para que o acceso ás propostas dependa únicamente das ganas de achegarse e compartir.









O percorrido da lacena
Prensa
- A Lacena Pequena: cultura itinerante en el Camino
Planomato, 18/09/2026 - ‘Mulleres que Contan’ chega a Vedra da man do proxecto ‘A Lacena Pequena’
Castelo Conta, 18/09/2026 - A Lacena Pequena comeza a súa itinerancia en Vedra
Cultura Galega, 17/09/2026 - O Teu Xacobeo impulsa A Lacena Pequena, un espacio cultural itinerante que dinamiza el Camino de Invierno
Xunta de Galicia, 17/09/2026 - ‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
Ainé, 16/09/2026 - A Lacena Pequena inicia en Vedra a súa programación cultural itinerante
El Correo Gallego, 16/09/2026 - Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé, 19/08/2026 - A Lacena Pequena llevará cultura, gastronomía y artes escénicas por el Camino de Invierno
Diario de Santiago, 17/09/2026